Skip to content

María Bastida: Escándalo de Nvidia

November 11, 2026 · 3 min

Show notes

A profesora Bastida expón o seguinte: "​​​Tanta intelixencia artificial e ao final seguimos tendo as debilidades de toda a vida. Jensen Huang, o xefe de Nvidia, recoñeceu que lle foi infiel á súa muller. Aparentemente, un asunto familiar. Pero a muller coa que o relacionan é sospeitosa de traballar para a intelixencia chinesa. E este é o momento no que o asunto pasa do dormitorio ao consello de administración. Porque Nvidia fabrica chips fundamentais para a intelixencia artificial, e acceder a esa tecnoloxía é unha das grandes batallas económicas entre os Estados Unidos e a China. Nestes momentos, a infidelidade está recoñecida, pero a espionaxe segue baixo investigación. Como anticipo, Nvidia sostén que non ten motivos para crer que se comprometesen segredos. Con todo, a incerteza xa pasou factura. O luns, as súas accións caeron máis dun 4 %, unha perda de valor en bolsa duns 190.000 millóns de dólares que doen bastante máis cá censura da comunidade de veciños. A bolsa intenta calcular posibles restricións comerciais, perda de confianza, distraccións na dirección ou a necesidade de substituír o home arredor do cal xira boa parte do negocio. Os chips seguen sendo os mesmos; o que cambia é a percepción do risco. No fondo, isto debería facer que nos preguntásemos canto pode depender unha compañía dunha soa persoa. Se é tan imprescindible que pensar na súa saída provoca vertixe, esa dependencia é unha debilidade. Fascínannos os directivos visionarios; atribuímoslles o éxito, dámoslles un poder enorme e acabamos confundindo a empresa co seu fundador. Ata que aparece un problema e lembramos para que serven os controis, os consellos de administración e a obriga de render contas. Tamén para o xenio. Porque admirar o xefe non pode converterse en deixar de supervisalo, e este caso lembra que tamén deben vixiar os riscos arredor de quen manda. Porque podes fabricar os chips máis avanzados do mundo e seguir necesitando algo bastante máis antigo: alguén que che poña límites."

All episodes of Todos os podcast | Galicia por diante

Settings

Display

Language

Decides which stations you see first on the home page.

History

Recently played stations and episodes and your latest searches are only stored in this browser.

Notifications

A short notice when a podcast you follow has a new episode. Turn off single podcasts with the bell on their page.

Account

Save favorites – in the app and on the website.

Keyboard shortcuts

/
Open search
Space
Play or pause
← →
In the player: back 15 s, forward 30 s (episodes) · in a row: next tile
↑ ↓
In a row: target within the tile
Home / End
In a row: first or last tile
Esc
Close window or menu
?
This overview
Now playing

Go to station page

Play next

    Add episodes with “Play next” – they play after the current episode.